viernes, 9 de abril de 2010

Amor e experiencia erótica a través da historia

    
...dende fai moito tempo, a idea do amor servía para facer soportable unha vida cotiá que, en si mesma, non era senón decepción e desastre.[...] o amor compensaba a amargura da existencia.  [...]  O primeiro que coñeceu esta experiencia foi un autor italiano do século XIV, Dante, cando quedou decepcionado pola relixión atólica, no seu tempo reducida á construcción dun imperio dirixido polo obispo de Roma.  Entón, como se o sentido do Deus cristián se tivese disolto, Dante veu aparecer a Beatriz, á dama dos seus soños, e sobre ela proxectou os sentimentos que ata entón os cristiáns tiñan cara Cristo.  [...]  viva ou morta, Beatriz acompañaba a nosa experiencia ata o final dos nosos días e ante ela dabamos conta de tódolos nosos actos, como unha eterna compañeira que penetrara os nosos desexos, arelas e segredos.  Dende entón xurdiu o ideal dun amor que se baseaba en facer transparentes as almas dos dous amantes.  O cristianismo ensinara que Deus estaba presente na alma do crente.  Da mesma maneira, Dante defendeu que o amor debía facer transparente o último rincón da nosa alma ós ollos do ser amado.

[...]  Decepcionado polo Deus anterior, o home non esqueceu a pesar de todo a promesa de amor da relixión cristiá lle ofrecera.  Así que inventou outro deus que poidera cumplila.  En certo modo, é o mesmo que sucedeu coa ciencia.  Durante un tempo, o home medieval pensou que o Deus omnipotente e bo dos cristiáns, o Pai, velaba por el.  Cando descubriu que non era así, e que vivía nun mundo escuro e azaroso -unha cloaca inmunda, dixeron algúns de forma esaxerada, o home dispúxose a construír ese deus coa súa propia técnica.

     En resumo, s. XIV, Dante:  Debido á melancolísa suscitada pola desaparición de Deus da súa vida, -posto que xa non pode crer nel- crea un novo deus, a súa amada -Beatriz-.

     Pero a sorte de tódolos deuses é a mesma.  Pouco a pouco vanse sometendo á erosión do tempo.  Logo, son obxecto de sospeita.  Finalmente, son motivo de burla.  Despois, tras unha longa paixón, morren.  O mesmo sucedeu con esa forma de entender o amor que era a relixión da muller.  Hai unha longa serie de transformacións do culto á muller que se poden ver na historia da arte, dende esa Beatriz divina, pasando polas ninfas de Botticelli, pola Venus de Urbino disposta ó amor no cadro de Tiziano, polas carnais Gracias de Rubens, ata  chegar á Maja desnuda de Goya ou ás imitacións de Manet.  Todos eles van poñendo de manifesto cada vez de maneira máis crúa a humanidade da muller, o feito de que non é un deus senón un ser humano.  E como tal cargado de defectos e abocado á decadencia e debilidade da vellez.

     Séculos XVIII - XIX (sociedade burguesa): a muller era sobre todo a compañeira da casa.  O amor carnal ponse ó servicio da descendencia lexítima.  E fronte a esta realidade rebelaranse os artistas do XIX, que arelaban ausencia de obstáculos para a felicidade persoal e para a liberdade humana.  Esta melancolía fai brotar outro culto á muller, unha muller allea ó mundo burgués.  Se en Dante a muller divinizárase, no século XIX a muller farase equivalente coa natureza-desorde, identificarase co diabólico:

     A partir do século XIX, no universo social que iba crecendo coa modernidade, onde o traballo e a ciencia, amoral e a lei, a disciplina e o Estado non paraban de poñer obstáculos á felicidade persoal e á liberdade humana, a muller [tal e como será entendida polos artistas guiados por Baudelaire] concentrou os desexos de extrema liberdade nun mundo que se tornaba cada vez máis asfixiante
    No momento do trunfo da sociedade burguesa do século XIX e XX, os artistas impugnaron ese mundo social burgués  [no que a muller é unicamente compañeira da casa, e o amor carnal está ó servizo da descendencia lexítima], como propio da decadencia.  Para eles, os poderosos non paraban de erguer muros de regulamentos e de leis para reprimir ante todo o desexo inextirpable, o de eros.  A muller, despois de ser o deus capaz de construír un mundo de fidelidades case que relixiosas, pasou a ser o demo destructor de todo o cosmos social.  Sen embargo, a ese demo adoraban tódolos que despreciaban esa orde dominada por banqueiros, especuladores, empresarios, militares, xuíces, científicos.  Os novos sacerdotes deste culto diabólico á muller foron os mesmos sacerdotes do seu anterior culto divino: os artistas.  Con Baudelaire á cabeza, todos se deixaron mecer e arrolar polas mulleres despiadadas dos burdeis das grandes cidades, as que non coñecían a fidelidade nin a responsabilidade, as que desfrutaban dominando ós homes, espertando as súas paixóns e abandonándoos, as que amosaban un poder sobrenatural sobre eles, un poder que lles dicía á cara a súa decadencia e a súa falla de vontade.

     [...]
     En tando dominadora da arte da aperiencia e en tanto sacerdotisa das novas experiencias, a muller convertiuse en mero símbolo.  O decisivo xa non era ela [...] na súa persoa e na súa experiencia vita, senón xusto a posibilidade continua que ela ofrecía de provocar novos desexos.  Fronte a le experimentábase ese pracer estético que nos fai crer que dispoemos dun corpo novo cada día.  Posto que, como calquera sabe, o pracer erótico é proporcional ós rodeos que somos capaces de crear para retrasas o seu cumprimento sen diminuír o desexo, [...] todo ese aparato de belas apariencias era o rodeo que cubría a realización do acto carnal -que así tamén empezou a perder importancia por si mesmo-.  [...]  Pero o decisivo [...] é que, en tanto que mestra do dominio da apariencia, a muller puido ser perfectamente un travestí, sen que iso importara realmente.  Ó contrario, amuller ideal era xa un travestí dende o momento en que a súa esencia era a apariencia.  [...] tod isto dignificou finalmente a sexualidade "homo" que así, a través da apariencia de muller, puido facerse visible e aceptable pouco a pouco na vida social.

     [...]  A transgresión reforzouse coas experiencias con drogas.  [...]  A literatura empezou a cantar as experiencias do hachís, o opio, a morfina, porque esas substancias eran como o sacramento que nos puña en contacto coa gracia da nova divinidade demoníaca.  Todo se fixo entón á maneira dun rito deseñado para responder, punto a punto, ós vellos rituais da Igrexa [...]  De aí esa tendencia ó satanismo, ó malditismo que caracteriza a unha boa parte da literatura que prolifera dende a segunda metade do século XIX ata ben entrado o século XX.

     [...] A introducción do reprimido, do que era fonte de desorde, do provocador, do que amenazaba a propia orde social converteuse en programa.  [...]  o travestido, o que controla ben a apariencia, rompe coa identidade sexual e xera un eros que é esencialmente homo.  O home que se cre heterosexual, seducido pola apariencia femenina dun travestido, sinte de repente a sospeita de se será gay.  A muller impresionada por un travestido, que a pesar da súa apariencia femenina é un home, pasa por unha experiencia lésbica,[...]  Así apoiábanse as teorías da esencial duplicidade do eros humano, as teses de afamados psiquiatras da esencial disposición bisexual de tódolos seres humanos.  En realidade, ó que se chegaba era á suprema estetización da experiencia erótica [...]

     Esto sucedeu cando estos motivos esteticistas foron asumidos polo movemento hippie, coas súa estética da continua viaxe, dun mundo reducido a cancións, dominado polo desarraigo, a falla de responsabilidade para coas realidades dos maiores -para eles caracterizadas polas guerras, a fame, as desigualdades e as corrupcións de todo tipo-.  Elementos moi centrais deste movemento eran a súa alabanza da continua disponibilidade ó amor e o auxilio permanente das drogas como forma de intensificar a experiencia erótica e de facer soportable a perda de identidade que o seu propio modo de vida implicaba.

     Eros

     O noso mundo [actual] haino que dicir con claridade, recoñece a pluralidade das facetas e desexos do ser humano, desexa atendelos todos na medida do posible.
    
      [Eros] ... este desexo, como alquera outro, como o afán de gañar cartos, de consumir, de coñecer, cando se deixa libre e sen control, cando se fai exclusivo e primordial, único e esaxerado, ou se interpreta mal ou de forma idealizada, ameaza con destruír a propia personalidade. Esa é a pequena catástrofe de non saber administrar os desexos. pp.138

... polo xeral, cando menos no mundo cristián, sempre se procurou ocultar a parte especificamente erótica na experiencia do amor. Eros, para os vellos romanos era porneia, a deusa venérea, e non se presentaba de maneira descarnada. Para os cristiáns primitivos, a parte sexual da relación amorosa desaparecía ante a presencia da caridade, a verdadeira forma do amor. Logo, na Idade Media, a relación do cabaleiro coa dama era erótica, dende logo, pero a dimensión sexual procurábase despreciar como algo infame dentro da sublime relación de fidelidade entre os amantes. Finalmente, en Dante, a parte carnal do amor apenas tiña sentido, posto que o corpo era esencialmente o elemento da morte e o amor aspiraba á eternidade. Logo, xa na época burguesa, a muller era sobre todo a compañeira segreda da casa e o amor carnal púñase ó servicio da descendencia lexítima. Así que a parte carnal do amor procurouse ocultar na súa realidade propia, construíndo sobre o desexo sexual coartadas e excusas, representacións que permitían o seu uso limitado, só como un medio para outras metas máis elevadas e valiosas. A experiencia moderna [na que as ilusións estéticas dos artistas decadentes se xeralizaban e dominaban pouco a pouco a vida social, ata converterse, a través dos medios de comunicación, da literatura e dos espectáculos, en feito de masas] [...] ponnos diante da experiencia sexual valorada por si mesma, polo seu desexo específico, que non serve para outra cousa, que non é medio para outra relación persoal ou valor, senón que vale por si mesma, como fin en si, como expr¡eriencia específica de satisfacción persoal. É a experiencia do desexo de darse reciprocamente pracer erótico, de ter plena disposición sobre o corpo do outro. Este desexo recíproco e libre de dúas persoas é potencialmente absoluto con máis forza que ningún outro aspecto da persoa humana e, tamén por iso, require especial responsabilidade e coidado. Ás veces pode bordear a violencia cara o outro e temos que ser moi sensibles para apreciala, pois a violencia mata sempre algo en nós. pp 138-139

[...] Ninguén como Leon Tolstoi veu esta situación. Para expoñer as súas ideas, escribiu un relato que, segundo tódalas noticias personais que temos del, é algo máis que un relato. Ó parecer é bastante autobiográfico. Este relato chámase Sonata a Kreutzer e conta a historia desgraciada dun matrimonio que viu o seu amor roto pola incapacidade de limitar o novo punto de vista sobre o sexo. Nel reflexa como, por unha parte, a nova comprensión da sexualidade como un ben humano en si, pode facer máis feliz a vida dun matrimonio. Pero, por outra, describe que, xusto por ser un ben en si, obxecto dun desexo propio e específico, a experiencia sexual non ten por si mesma límite e por iso pode reclamar unha novidade continua. Esta forma de vivir o sexo rompe tódolos vínculos humanos e acaba sepultando a ese mesmo matrimonio- a calquera relación amorosa estable- nunha situación desgraciada, escravizada e servil. p.140

[...] O máis característico do amor é o bico [...] tan máxico porque no fondo non hai mellor maneira de escenificar esa busca do outro.

VILLACAÑAS, J.L. Los latidos de la ciudad. Una introducción a la filosofía y al mundo actual. Ed. Ariel, Barcelona, 2004 pp. 130-140.

No hay comentarios:

Publicar un comentario