Anteriores a Platón: filósofos naturalistas. Trataron de explicar os fenómenos naturais
apelando a causas de tipo físico e mecánico (substancias físicas: auga, aire,
terra, lume e explicacións mecánicas: condensación, enrarecemento…)
Platón preguntouse se estas eran as verdadeiras causas ou
non serían máis ben causas ó servizo doutras máis elevadas. A causa do que é físico e mecánico non
residirá tal vez nalgo que non é físico e non é mecánico?
Platón despraza o seu interese respecto dos sentidos e os
datos que estes nos aportan cara o puro razonamento.
Por exemplo, para explicar por que é bela unha cousa, un
filósofo naturalista recorrería a elementos puramente físicos como a cor, a
figura, etc, sen embargo, para Platón estas non son as verdadeiras causas,
senón medios. É preciso aceptar a
existencia dunha causa superior, que por ser unha verdadeira causa non será
algo perceptible polos sentidos senón únicamente captable polo entendemento. Trátase da idea da beleza en si, da que
participan –dependen- as cousas que percibimos como belas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario